O xogador esquecido - Tour Abanca Balaídos Tickets | Official Sale
Information
Contan os máis lonxevos que hai moitos anos xogaba no equipo un rapaz chamado Bieito. Era unha gran promesa, pero nunca chegou a debutar. Partido tras partido quedaba no banco, sempre á espera da súa oportunidade… que nunca chegou. Co tempo, o seu nome esvaeuse das aliñacións, a súa taquilla quedou pechada para sempre e ninguén volveu falar del.
Ou iso pensabamos.
Este Samaín, Balaídos transformase para revivir a súa historia nunha experiencia única: “O xogador esquecido - Tour Especial Abanca Balaídos”. Acompaña ao noso guía —quizais máis misterioso do que parece— nun percorrido polos recunchos máis enigmáticos do estadio: o vestiario onde unha taquilla segue selada dende hai décadas, a sala de prensa onde os micrófonos cobran vida, ou o banco onde ningún xogador se atreve a sentar.
Unha visita diferente, chea de risas, sustos e algunha sorpresa, na que o estadio amosará o seu lado máis descoñecido. E lembra: se escoitas pasos entre as gradas… non mires atrás.
Que inclúe este produto?
-
Visita guiada polo estadio Abanca Balaídos tematizado.
-
Acceso ao Museo Celta.
-
Experiencia inmersiva.
Información importante
- Duración aproximada da visita guiada: 60 minutos.
- Duración da visita libre ao museo: 30 minutos.
-
Localización: acceso pola Área Celtista, entre as portas 14 e 15 da bancada Marcador.
-
A experiencia pode verse modificada/cancelada por eventos, partidos ou adestramentos. Os días de partido, o tour remata 4 horas antes do inicio.
- Idiomas dispoñibles: galego e castelán. Dispoñible en inglés baixo petición. Non se garante que a sesión se desenvolva no idioma seleccionado.
- Para adquirir entradas de PMR, debe acudir as oficinas do estadio cun documento oficial ou enviarllo vía email a experiencias@celta.gal para xestionar a compra.
-
Todos os descontos son persoais e intransferibles. Será necesario acreditar identidade e idade con DNI ou libro de familia.
- Non se permite o acceso con mascotas, agás animais de asistencia debidamente acreditados.
-
Non se admiten cambios nin devolucións.
-
Para calquera xestión relacionada co museo ou co tour, pode contactar connosco en experiencias@celta.gal