Entradas Tour Abanca Balaídos | Venda Oficial
Información
Vive o Celta desde dentro con esta experiencia única que che permite percorrer os recunchos máis emblemáticos do estadio Abanca Balaídos. Descubre o camiño que seguen os xogadores os días de partido: vestiarios, túnel de saída ao terreo de xogo, sala de prensa, banquillos e moito máis. Lugares normalmente pechados ao público que agora poderás coñecer en primeira persoa. Ademais, goza dunha experiencia inmersiva do himno de Oliveira dos Cen Anos.
Completa a túa visita cun percorrido libre polo Museo Celta, onde máis de 100 anos de historia te agardan a través de obxectos únicos, recursos interactivos e unha experiencia inmersiva. Todo nun espazo accesible, moderno e pensado para emocionar.
Que inclúe este produto?
-
Visita guiada polo estadio Abanca Balaídos.
-
Acceso libre ao Museo Celta dentro do horario indicado na súa entrada.
-
Experiencia inmersiva.
Información importante
-
Duración estimada do tour: 60 minutos.
-
Duración estimada da visita ao museo: 30 minutos.
-
Localización: acceso pola Área Celtista, entre as portas 14 e 15 da bancada Marcador.
-
A experiencia pode verse modificada/cancelada por eventos, partidos ou adestramentos. Os días de partido, o tour remata 4 horas antes do inicio.
- Idiomas dispoñibles: galego e castelán. Dispoñible en inglés baixo petición. Non se garante que a sesión se desenvolva no idioma seleccionado.
- Para adquirir entradas de PMR, debe acudir as oficinas do estadio cun documento oficial ou enviarllo vía email a experiencias@celta.gal para xestionar a compra.
-
Todos os descontos son persoais e intransferibles. Será necesario acreditar identidade e idade con DNI ou libro de familia.
- Non se permite o acceso con mascotas, agás animais de asistencia debidamente acreditados.
-
Non se admiten cambios nin devolucións.
-
Para calquera xestión relacionada co museo ou co tour, pode contactar connosco en experiencias@celta.gal