Entradas Museo Celta | Venda Oficial
Información
Que atoparás nel? Todo o que fai que o Celta sexa moito máis ca un club: camisetas que marcaron unha época, balóns e botas que pisaron Abanca Balaídos, obxectos únicos que acompañaron xeracións de celtistas e, sobre todo, unha forma de sentir o fútbol que só se entende dende Vigo.
O Museo Celta ofréceche un percorrido libre e inmersivo por máis de 100 anos de historia vencellada a unha cidade, a unha afección e a unha maneira de entender o deporte.
Déixate levar por unha experiencia que combina emoción e memoria. Dende os inicios do club ata a actualidade, poderás revivir os momentos clave da nosa historia, sentir a forza do noso himno nunha instalación audiovisual que pon os pelos de punta, e coñecer a evolución do Celta a través da súa canteira e da súa afección.
Información útil:
- Localización: acceso pola Área Celtista, entre as portas 14 e 15 de Marcador.
- Horario: de luns a venres, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.
- Duración estimada: 35-45 minutos.
- Non se permite o acceso con mascotas, agás animais de asistencia debidamente acreditados.
- Accesible para persoas con mobilidade reducida.
A visita ao museo realízase de forma libre.
En días de partido, adestramentos ou pola celebración de eventos especiais en Abanca Balaídos, o horario do museo pode verse modificado. En encontros de competición oficial, o museo permanecerá aberto ata 1 hora antes.
A visita ao museo poderá ser cancelada ou reprogramada por motivos organizativos, deportivos ou de seguridade. Nestes casos, as entradas poderán ser trocadas para outra data.
Todos os descontos aplicables a celtistas son persoais e intransferibles. Será obrigatorio presentar o carné correspondente xunto co DNI (ou libro de familia no caso de menores sen identificación).
Para aplicar descontos infantís ou outras tarifas especiais, será necesario acreditar a idade mediante DNI ou libro de familia.
Para calquera xestión relacionada co museo, pode contactar connosco a través de experiencias@celta.gal
Non se admiten devolucións.