Información

A noite previa a un partido europeo, Balaídos non descansa. O estadio convértese nun escenario en plena transformación, onde cada detalle conta e cada equipo do club traballa para que todo estea listo para unha gran cita continental.

Este tour nocturno especial permíteche vivir desde dentro como se prepara un partido europeo en Balaídos. Unha experiencia pensada para grupos reducidos, máis íntima e exclusiva, que che achega aos bastidores dunha gran noite europea.

Durante o percorrido, descubrirás como se organiza un partido de Europa League: a coordinación dos diferentes equipos do club, os controis específicos da UEFA, a preparación dos espazos deportivos e técnicos e o traballo que fai posible que Balaídos estea á altura das grandes noites europeas.

O punto culminante da experiencia terá lugar a pé de campo, onde vivirás un momento único: escoitar o himno acompañado dun espectáculo de luces, nun estadio case baleiro, sentindo a atmosfera previa a unha noite histórica.

Unha oportunidade única para entender, sentir e vivir Balaídos desde dentro, xusto antes de que se acendan as luces dunha nova noite europea fronte a un dos grandes nomes do fútbol continental.

Que inclúe este produto?

  • Visita guiada polo estadio de Balaídos.

  • Acceso ao Museo Celta.

  • Acompañamento de staff do Club.

  • Experiencia inmersiva.

Información importante

  • Duración estimada da visita: 1 hora e 30 min.

  • Ubicación: acceso pola Área Celtista/Museo, entre as portas 14 e 15 de Marcador.

  • Todos os descontos son persoais e intransferibles. Será necesario acreditar a identidade.

  • Non se permite o acceso con mascotas, salvo animais de asistencia debidamente acreditados.

  • Non se admiten devolucións.

  • Para calquera dúbida podes contactar connosco a través de experiencias@celta.gal.

Sesións

Data e Hora

novembro 2026

MÉR25NOV
Tour Abanca Balaídos

Tour Nocturno Celta - AFC Bournemouth

Dispoñibilidade media
De 10,00 €
Comprar agora: Tour Nocturno Celta - AFC Bournemouth